Xantar da Lamprea
Un ano máis o Concello de Arbo, organiza o Xantar da LVIII Festa da Lamprea, para dar a coñecer o noso afamado producto por excelencia, a Lamprea e os nosos viños, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de abril, no restaurante "Os Pirús", cun menú no que se poderá degustar lamprea "estilo arbense" e rechea con salpicón, entre outros manxares propios da terra.
Este tradicional xantar, acto central e principal do evento, supuso no ano 1961 a orixe da Festa Gastronómica máis antiga de Galicia, cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a primeira edición co obxectivo de dar a coñecer este singular produto así como os excepcionais viños do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixen Rías Baixas. Dende entoces, Arbo celebra ininterrumpidamente a súa festa máis importante do ano, Festa declarada de Interese Turístico Nacional.
A partir deste xantar orixinal, a Festa foi medrando e evolucionando ata chegar a converter esta efeméride en referente gastronómico nacional, que nesta edición espera superar os 35.000 visittantes da pasada edición.
Entre os actos a desenvolver durante esta intensa fin de semana festiva, destaca entre a completa e diversa programación para todos os públicos, ARBOMOSTRA 2018, que este ano alcanza a súa vixésimo cuarta edición. A Feira Agroindustrial e Artesanal da Bisbarra do Condado-A Paradanta contará cunha importante representación de adegas acollidas á DO Rías Baixas e restauradores, que ofrecerán degustacións de lamprea e viño a prezos populares. Tamén se poderán observar lampreas vivas en viveiros instalados para a ocasión e coñecer as últimas novidades do sector agroindustrial.
Xantar LVIII Festa da Lamprea
Restaurante Os Pirús S.L
Hora: 15:00 horas
Prezo: 44,60 € (IVE engadido)
Menú: Entrantes: Lamprea rechea con salpicón. Primeiro prato: Sabalo do Miño fritido con brotes de ensalda e Lamprea do Miño estilo arbense con arroz e picatostes. Segundo Prato: Cabrito de San Fins ou carné estofada con guarnición. Postre: brazo de xitano recheo de crema. Inclúense tamén: viños brancos e tintos, viño espumoso zona do condado D.O. Rías Baixas, augas, refrescos e Licores D.O.
Data limite de reservas: 25 de abril de 2018