Charla Defensa Persoal Feminina
Dende o Concello de Arbo unha maneira que temos de contribuir a potenciar a igualdade e a vez, erradicar a lacra social que representa a violencia de xénero, é a través do fomento do deporte femenino é en particular de Programas de Defensa Persoal para Mulleres. Esta actividade aporta cercanía, seguridade e confianza a muller.
o pasado sabado, e coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Arbo, tivo lugar a Charla sobre o curso que se vai a impartir de Defensa Persoal Feminina.
Durante a Charla o monitor Juan José Martínez, adestrador de defensa persoal feminina que impartira o curso informou:
"A Defensa Persoal para Mulleres, ademáis dun ben social, en termos de mellora da saude, vitalidade e reforzo das capacidades e habilidades da muller, constitúe un reto en termos de igualdade de xenero, polo que e necesario desenrrolar actividades que lle den a muller, confianza e seguridade a través de pautas concretas de actuación ante diversas situacións."
O obxetivo principal dos cursos e lograr que as mulleres participantes se sintan ben, fomentando e propiciando un ambiente seguro, cercano e cálido
DEMOSTRACIÓNS REALIZADAS DURANTE A CHARLA
ESTATE ATENTO EN BREVE, TERÁS NOTICIAS DAS DATAS EN QUE SE VAN A REALIZAR O CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA.
CONTIDO DO CURSO
Os cursos poderán desenvolverse en tres niveis de contidos, adaptados os tempos de realización dos mesmos.
O marxe da idade, nivel técnico e forma física das participantes, os programa contempla as seguintes áreas de actuación:
- Exercicios básicos de acondicionamento físico, a nivel cardiovascular, mobilidade articular, tonificación e resistencia física.
- Exercicios que potencien as cualidades coordinativas; equilibrio, ritmo, orientación espacial, lateralidade e axilidade en termos de precisión durante a execución e coordinación dos movementos.
- Exercicios específicos para a tonificación muscular eo reforzo articular.
- Movementos e técnicas de brazos e pernas específicos dirixidos á autodefensa, coa man valeira e con diversos utensilios de uso cotiá; como poden ser bolígrafos, paraugas, chaves e outros.
- Orientacións e pautas concretas para desenvolver hábitos de prevención en calquera lugar onde se atope de maneira que se sinta segura confiando en ela mesma.
Os contidos complementaranse con exercicios específicos a nivel respiratorio, atencional, orientación espacial e demais cualidades físicas, coordinativas e psicolóxicas.