Curso Defensa Personal Femenina

 

 CURSO DE DEFENSA PERSONAL FEMENINA  NO CONCELLO DE ARBO

O  Concello de Arbo organiza, no Pabellón Municipal de deportes, unha curso de defensa persoal feminina o próximo 23 de febreiro dende ás 19.30 horas ás 21.00horas. O Custe do curso son 15 Euros e o prazo de inscripción que se realizara no concello de Arbo, remata o 22 de febrero

Con esta actividade pretendese contribuir a erradicar a lacra social que representa a violencia de xénero, enseñandolle a muller cómo protexer a sua integridade a través de Técnicas Específicas de Defensa Persoal. Fomentar a idea de prevención entre as mulleres dándolle pautas concretas de actuación no fogar, na calle ou calquera outro lugar. Promover a Igualdade entre homes e mulleres en tódas as áreas de actuación, en especial as relacionadas co desenrrolo do curso. Este será o terceiro curso que se vai a realizar en Arbo de Defensa Persoal, un curso con moi boa acollida e demandado pola sociedade.

A persoa encargada de levar adiante o curso de  Defensa Persoal para Mulleres é:  D. Juan José Martínez Ordóñez. Cinturón Negro 4º Nivel de Kung-fu. Instructor Regional de kung-fu. Adestrador de Defensa Persoal Femenina Nivel 1, que manifesta ; A Defensa Persoal para Mulleres, ademáis dun ben social, en termos de mellora da saude, vitalidade e reforzo das capacidades e habilidades da muller, constitúe un reto en termos de igualdade de xenero, polo que e necesario desenrrolar actividades que lle den a muller, confianza e seguridade a través de pautas concretas de actuación ante diversas situación e  que o obxetivo principal dos cursos e lograr que as mulleres participantes se sintan ben, fomentando e propiciando un ambiente seguro, cercano e cálido.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011