14 de abril

O Concello de Arbo acollerá o vindeiro 14 de abril unha xornada de acercamento, exhibición e exposición da Garda Civil.

Organizada pola Compañía de Tui, o Posto da Garda Civil de Arbo e os Concellos de Crecente e Arbo, este inédito evento no municipio serverá para acercar á cidadanía o acontecer diario de distintas unidades deste corpo, mostrando os medios dos que dispoñen e explicando as principais labores que desempeñan dun xeito lúdico e con actividades enfocadas cara os máis pequenos.

Con este acto os Concellos de Crecente e Arbo pretenden recoñecer o labor calado, e moitas veces ingrato deste corpo que tanto axuda aos veciños do rural no seu día a día, protexendo, socorrendo e acudindo sempre prestos aos seus requerimentos.

 

O evento comezará ás 10.45h coa recepción de autoridades e a posterior entrega de banderín á Compañía de Tui e placa conmemorativa ao Posto da Garda Civil de Arbo, xunto cunha ofrenda-homenaxe aos Caídos coa interpretación de Himnos a cargo da Banda de Música Municipal de Arbo, e se prolongará ao longo de toda a xornada.

 

Os asistentes poderán desfrutar dos numerosos atractivos no recinto instalado CEIP "Antonio Carpintero", con exhibicións, simulacros e unha exposición de medios para prestar servizo ao cidadán; servizo xeral e especialidades en montaña, aire, mar, medio ambiente, agrupación tráfico, desactivación de explosivos, antidroga… e para os máis pequenos se instalará, a partir das 16.30h, un circuito de karts na Praza do Concello e rúas aledañas, na que aprenderán as normas básicas de circulación.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011