Nomeamento Cociñeiras Lampreiras

 A memoria oral aínda lembra na actualidade a aquelas cociñeiras doutros tempos que sobresaían pola súa man especial na preparación tradicional da lamprea verde ou escalada, do sábel ou do salmón escabechado. Cociñeiras con certo alcance público e social que eran chamadas para dirixir os fogóns en calquera banquete familiar, sexa un casamento ou unha primeira comuñón, ou ben cociñeiras que xa formaban parte de antigas tabernas e restaurantes desde finais do XIX. Mulleres que teñen moito que ver cos exitosos inicios da Festa da Lamprea na década dos 60.

Elas forman parte do relato oral da historia de Arbo e convertéronse no último elo ou anel cunha tradición antiquísima que souberon recoller e manter con esforzo, perseverancia e humildade. Por iso resulta oportuno e de xustiza recoñecer a función tan esencial que cumpriron e ao mesmo tempo contribuír a perpetuar a súa sabedoría ás novas xeracións sen pechar as innovacións que trae cada época.

 Veciñas como a señora Joaquina e a señora Pilar da “Económica Casa de Hóspedes  José Rodríguez ( 1895)” da Estación de Arbo, a señora María e a señora Maruja da Casa Mezquita, a señora Morfina e a señora Pepita da Casa Eladio, a señora Felisa, señora Irene e señora Eudosia da Casa Felisa no Pazo, a señora Carme Estévez e señora Aurora no Mesón de Cabeiras, a señora Consuelo da Chan, a señora Rogelia da Almuíña, entre outras moitas, representan e simbolizan a cociña miñota, a cociña de río, que se foi configurando en todos os fogares de Arbo desde hai mil anos cun estilo propio. Un recurso cultural que se ha de coñecer, manter e divulgar.

O PLENARIO ADOPTABA O SEGUINTE ACORDO:

Proceder á felicitación e recoñecemento polo Pleno Municipal da importante labor desenvolvida as seguintes cociñeiras lampreeiras arbenses de antano, en representación e símbolo de todos e todas os cociñeiros e cociñeiras de Arbo,  procedendo a atribuírlles  a distinción de “Arbense Distinguido”:

  • Rogelia Parámos Francisco
  • Consuelo Rodríguez Alonso.

 

  • Pilar Pérez Rodríguez.
  • Joaquina Rodríguez Prieto.

 

  • Felisa Rodríguez Blanco.
  • Eudosia Fernández Rodríguez.
  • Irene  Fernández Rodríguez.

 

  • María Pérez Martínez.
  • María Pérez Rodríguez.

 

  • Josefa Múñoz de León Salguero.
  • Morfina Freijanes Sarandón.

 

  • Aurora Estévez Álvarez.
  • Carmen Álvarez Ricón.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011