CARNE XOVE

QUE É O CARNÉ XOVE?


Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.

Documentación para facer o carné xove: Tes que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas

QUEN PODE FACELO? QUE VIXENCIA TEN?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)


ONDE UTILIZALO? FINALIDADE E VANTAXES?

O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.


SEGURO

Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:

  • Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.

• Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
• Transporte dos acompañantes.
• Inmobilizacións nun hotel.
• Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
• Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
• Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
• Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
• Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
• Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
• Servizo de información sobre asistencia médica.
• Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
• Billete de ida e volta para un familiar.
• Gastos de aloxamento para un familiar.

  • Asistencia por danos á equipaxe.

• Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
• Roubos e danos á equipaxe.
• Retraso na entrega de equipaxe.
• Gastos de reposición da documentación de viaxe.
• Roubo na caixa forte do hotel.
• Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.

  • Asistencia por retraso dos medios de transporte.

• Retraso na saída da viaxe.
• Cancelación da viaxe por folga.
• Perda da conexión por retrasos.
• Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
• Retraso por "over booking".

  • Asistencia por responsabilidade civil

• Responsabilidade civil no estranxeiro.
• Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
• Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
• Servizo de información legal.
• Procura de representante legal no estranxeiro.
• Obtención de salvocondutos.

Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a:

CASER, S.A.
Av. de Burgos, 109
28050 Madrid

Teléfonos:
En España: 902 100 728
No estranxeiro: +34 91 594 96 74

CASER, S.A. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.

O número de póliza do seguro é: 19.227.336


 

MAIS INFORMACIÓN EN: http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011