Atención os nosos maiores

O CONCELLO DE ARBO PROGRAMA UN CURSO DE FORMACIÓN PARA A ATENCIÓN DE MAIORES

“Atención  aos  Novos  Maiores” formará a mozas de entre 14 a 30 anos a través de catro módulos de 50 horas

O  Concello de Arbo como entidade solicitante de axudas por resolución do 20 de maio de 2019 respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á mocidade, ao amparo da orde do 28 de decembro de 2018 que rexen as subenciones destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha destas iniciativas a través da Consellería de Política Social e a Dirección  Xeral de  Xuventude, Participación e Voluntariado obtivo unha axuda por importe de 5600 euros para a realización destes cursos.

A través da actividade “Atención  aos  Novos  Maiores” formarase a mozas de entre 14 a 30 anos a través de catro módulos de 50 horas cada un segregados en animación sociocultural, habilidades sociais, enfermidades mentais e técnicas de motivación. Os interesados en anotarse a estes cursos poden inscribirse nas oficinas xerais do concello ou na terceira planta (Ana). O prazo de inscrición termina o próximo día 30 de xuño.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011