Prorroga Contrato Analise de Auga

POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 15 DE XULLO DE 2019 APROBASE A PRORROGA DO CONTRATO DE PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE ANALISES DA AUGA DE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE ARBO, A MERCANTIL “AKUNATURA DE OURENSE, S.L”

Recibido o día 17.06.19 (R.E. núm. 572) escrito de Marcos López Rodríguez con DNI: 44458427W, en representación da mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. B-32.361.685, no que solicita de forma expresa  a prórroga ata o 16 de xuño de 2020, continuando así coa prestación do servizo iniciado no ano 2017,  do contrato de prestación do servizo de   “Análises de auga de consumo humano do Concello de Arbo”, adxudicado pola Xunta de Goberno Local de 22 de maio de 2017,  e formalizado e asinado o  16 de xuño de 2017.

 

Tendo en conta que con data 22.05.2017 e por acordo da Xunta de Goberno Local acórdase:

“1º  Adxudicar o contrato derivado de procedemento negociado sen publicidade tramitado para a adxudicación do "contrato de prestación dos servizos de  análises da auga de consumo humano do Concello de Arbo”, á mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. b-32.361.685, nos termos de pormenor da proposta presentada  o día  20.04.17 e arriba referida, polo importe de 4.692,06  euros/ano máis 985,33 euros de IVE, facendo un importe total de 5.677,39 €/ano, o que daría  un importe total de 11.354,78 € (IVE incluído)  por dous anos, duración á que se estende o contrato, o que se lle debe comunicar en forma regulamentar co réxime de recursos legalmente establecido para que, no prazo de 15 días hábiles a contar dende o día  seguinte á notificación deste acordo, compareza no escritorio municipal co fin de formalizar o preceptivo contrato administrativo.

2º Dispor o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 161.227 do orzamento prorrogado cara o exercicio 2017.

3º  Comunicar á referida mercantil que  tras a formalización do contrato administrativo iniciarase o prazo de execución do contrato, cuxa duración se fixa en  dous anos, podendo prorrogarse de forma expresa e por mutuo acordo das partes por períodos anuais, e ata un m´ximo de dúas prórrogas, sen que a duración máxima, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.

 4º Seguir trámites de publicidade que determina o art. 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, a medio de anuncio na “Plataforma de Contratación e Galicia” e no “Perfil do contratante do Concello”, e no seu caso, no  “Boletín Oficial da Provincia”.

5º Comunicar á Tesourería Municipal que a garantía definitiva constituída polo adxudicatario en forma de ingreso en metálico  non poderá ser reintegrada ata que non se execute a totalidade do contrato e se cumpra este satisfactoriamente (cláusula 25ª do prego).

6º  Notificar o presente acordo á Intervención e Tesourería aos efectos de fiscalización e realización apuntamentos contables oportunos.”

Posto que con data 21.06.2019 emitiuse Informe de Secretaría en relación con lexislación aplicable e o procedemento a seguir para acordar a prórroga do contrato do servizo de  prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde deste Concello.

E, con data 21.06.2019 emitiuse Informe da responsable do servizo municipal referido  sobre o cumprimento dos requisitos esixidos nos artigos 23 e 303 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e o importe da aprobación da prórroga.

 

Con data de 21.06.2019, a Intervención realizou a retención de crédito correspondente.

 

Considerando que a cláusula  Así no artigo 7º  do prego que rexeu nesta contratación, establécese:

“Artigo 7.- DURACIÓN DO CONTRATO.

A duración do contrato será de dous (2) anos contados a partires do día seguinte ao da súa formalización. O contrato poderá ser prorrogado de forma expresa e de mutua acordo por ambas partes por períodos anuais, e ata un máximo de dúas prórrogas. A duración máxima do contrato, incluídas as prórrogas, non poderá exceder dos catro (4) anos.

Non obstante, si finalizara o prazo de duración do contrato sen que se tivese realizado nova licitación, ou a mesma se retrasase, o contrato entenderase prorrogado mentres dure o procedemento de licitación.

O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro o prazo total fixado para a realización do mesmo.”

Ao abeiro do artigo 7º  do prego de cláusulas administrativas particulares,  visto os informes da secretaría-intervención de data 21 de xuño de 2019, así como o informe da responsable do servizo municipal da mesma data, e Proposta da Alcaldía de data 07.08.19, de conformidade coas facultades conferidas á Alcaldía polo art. artigo  21 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local , DA 2ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, de contratos do sector público,  e,  ao abeiro da D.A. 2ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e en canto órgano de contratación por delegación da Alcaldía en Resolución de 01.07.15,  A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, por unanimidade dos asistentes (4 votos, incluído o do Sr. Alcalde-Presidente), ACORDA:

1º.- Conceder a prórroga do contrato de prestación do servizo “Análise de auga de consumo humano do Concello de Arbo” á mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. b-32.361.685, nos termos de pormenor da proposta presentada  o día  17.06.19 e arriba referida, polo importe de 4.692,06  euros/ano máis 985,33 euros de IVE, facendo un importe total de 5.677,39 €/ano, o que daría  un importe total de 11.354,78 € (IVE incluído)  por un ano

2º.- Comunicar á referida mercantil adxudicataria que esta prórroga non poderá estenderse máis aló do 17.06.2021

Adhesión Pacto de Alcalde

O CONCELLO DE ARBO ADHERIRESE Á INICIATIVA EUROPEA  DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible. A Xunta de Galicia e consciente de que o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita contra o cambio climático.

Todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”, tamén informa que para alcanzar os  obxectivos, o Concello de Arbo ao adherirse ao Pacto ten que  a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa  efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático .

O Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

 

https://www.pactodelosalcaldes.eu/es/

 

Camapaña -separar con Xeito

A CAMPAÑA SEPARAR CON XEITO CHEGA O CONCELLO DE ARBO

O Pasado 12 de setembro, coincidindo co mercado municipal  que organiza o Concello de Arbo todo os mércores na Praza do Concello, tiña lugar unha xornada divulgativa para estimular a concienciación da cidadanía sobre a necesidade de separar os residuos sólidos urbanos e favorecer o reciclaxe.

Esta campaña organizada pola Colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembres, e solicitada polo concello de Arbo, xa é a terceira vez que visita Arbo. O Stand de “Separar con Xeito” estivo presente en Arbomostra durante os días da Festa da Lamprea en Abril e na Carballeira de Turberla os dias da Festa da Lamprea Seca que tivo lugar os días 11 e 12 de agosto.

Os responsables do stand derón informacion e pautas os participanters de cómo separar correctamente.

Dende o Concello de Arbo, estamos apostando pola separaciónde residuos e pola reciclaxe, confirma o alcalde do Concello Horacio Gil, que informa que nos últimos anos se teñen colocado máis colectores para a recollida de plastico, carton e vidro, así como un colector de voluminosos que se coloca cada 15 días nun barrio distinto da xeografía arbense, donde os veciños e veciñas poden depositar os residuos de gran tamaño. Dende o Concello de Arbo, tamén queren pedir aos veciños que usen o colectores para o fin que lles corresponde, amarelo (Plástico e envases lixeiros), azul (papel e cartón) e Iglus para vidro, e que non depositen o lado dos colectores municipais ou nas beirraruas   ningun residuo, nos recorda tamén o rexedor  Arbense que o Concello dispon de Punto Limpo sito o lado do Campo de Fúlbol que esta aberto o público os mercores e sábados de 11 a 18.00 horas

Analise auga de consumo

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ANÁLISE DE AUGADE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE ARBO

Arbo a 23 de xuño de 2017.- O concello de Arbo acaba de adxudicar o Servizo de análises de auga de consumo humano.

A vista da proposta da Conselleria de Sanidade, na que pon de manifestó a necesidade de proceder co fin de cumprir coas existencias da normativa sanitaria de aplicación a contratación externa con empresa do sector capacitada e autorizada dos servizos de realización dos controis e análises e coa periocidade preestablecida, así como a  necesidades de  proceder a elaboración dun novo protocolo para o sevizo de abastecemento, así como para a piscina de verán municipal,  estando finalizado o contrato coa empresa actual.

A nova contratación adxudicada a empresa mercantil “AKUABNATURA DE OURENSE S:L” por un praza de dous anos e un importe total de 11.354,78 €.-,   ten por obxetivo cumprir e mellorar o servizo de  abastecemento domiciliario de auga de  consumo humano do Concello de Arbo, e dar unha mellor calidade e máis seguridade os veciños, dacordo as directrices marcadas e esixidas na normativa sanitaria de aplicación, levando a cabo os controis e análises  establecidos .                

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011