Banco de Alimentos
O Banco de Alimentos municipal ten por obxectivo principal recadar alimentos non perecedoiros e redistribuílos entre as persoas con menores recursos, co fin de solventar as súas necesidades básicas.
O Concello recibe a maior parte dos alimentos do Banco de Alimentos de Vigo - Cruz Vermella, que pertence a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), pero tamén grazas ás campañas de recollida como por exemplo a “Operación Kilo”, “Nadal Solidario”, festivais, etc…