Escolas Deportivas

O concello de Arbo pon en marcha no ano 2014 as escolas deportivas provinciais “Deporte Escolas”, coa colaboración da Deputación Provincial, o C.F Arbo e a ANPA, coas actividades de patinaxe, fútbol e baloncesto. 

As actividades ofertadas van destinadas para os nenos de Arbo, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e son gratuítas.

A solicitude de inscrición para os nenos escolarizados no CEIP Antonio Carpintero, unha vez cuberta, entregarase no colexio,

As solicitudes tamén se poden presentar a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra ou nas oficinas municipais do concello de Arbo

Os nenos non escolarizados no CEIP Antonio Carpinteiro que queiran participar, poderán solicitar e  presentar  a inscrición no Concello de Arbo.

Para o Concello de Arbo fomentar o deporte entre os máis cativos e colaborar coas Asociación e colectivos deste municipio en actividades saúdables e a súa vez sociabilizadoras. O deporte é un exercicio que aporta moitos beneficios, en especial a este colectivo, xa que contribúe a mellorar as relacións de amistade e compañerismo entre os cativos. Ademais de evitar e prevenir o sobrepeso e os graves problemas de salud que provoca o sedentarismo nunha idade tan temprana como é a niñez e a adolescencia.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011