Torneo Futbol Sala
XXIII TORNEO DE FÚTBOL SALA “VILA DE ARBO”
O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXIII Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”
O Torneo, dependendo dos equipos inscritos, xogarase en dúas fases, a primeira polo sistema de liga en grupo ou grupos, clasificándose para a segunda fase, cuartos de final, oito equipos, os cales dividiranse en dous grupos de catro, sendo os dous primeiros de cada grupo en cruce (1º A - 2º B) e (1º B - 2º A), xogaran as semifinais, os perdedores o 3º e 4º posto e os gañadores a final.
O Torneo é totalmente amateur.
A duración do torneo será en función dos equipos inscritos, xogandose a final o sábado 30 de xullo de 2016 .
O prazo de inscrición remata o venres día 24 de xuño de 2016, ás 14:00 horas ou unha vez están cubertas as 24 prazas de equipos inscritos.
O prezo de inscrición e de 75 € por equipo.
As inscricións realizaranse no modelo facilitado polo Concello de Arbo, recheando o formulario e enviando o enderezo electrónico da persoa responsable. Unha vez enviado recibirase confirmación de alta e terá un prazo de 36 horas para efectuar o pago da inscrición no numero de conta indicado no formulario.
Toda a información dispoñible referente o torneo será posta a disposición de tódolos equipos participantes.
Persoa responsable do Torneo, José Méndez Castro,
E-mail: deportes.concellodearbo@gmail.com
Telefono: 617 342 562A presentación e sorteo terá lugar o sábado 25 de xuño de 2016 ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Arbo.
6.- PREMIOS
1º Clasificado 900 € e Trofeo
2º.Clasificado 500 € e Trofeo
3º Clasificado 300 € e Trofeo
4º Clasificado 200 € e Trofeo
5º / 6º / 7º / 8º Clasificado 75 €
Deportividade 100 € e Trofeo
Trofeo o equipo menos goleado
Trofeo o xogador máximo goleador