Agradecementos
TORNEO DE FÚTBOL 8 SOLIDARIO EN ARBO.
O Sábado 18 de xuño o Concello de Arbo, organizou no Campo Municipal de Fútbol de Arbo o I Torneo de Fútbol – 8 Solidario. O torneo que comezou ás nove da maña, asistiron 12 equipos masculinos, 4 femininos, e as categorías minis, prebenxamins, benxamins e alevins e infantis dos Clubes de Arbo, As Neves e do Cultural Areas.
O acto que durou durante todo o día contou con moita afluencia de participantes, que o longo de toda a xornada desfilaron polo campo para ver os distintos partidos.
Como invitado especial, o ex – Porteiro do Celta e do Valencia F.C, visitou pola tarde as instalacións deportivas , firmou autrografos, fotografiouse con todolos aficionados o futbol e entregou xunto co alcalde Horacio Gil e o Concelleiro de Cultura Raul Rodriguez, os trofeos e premios os gañadores.
O Concello quere agradecer a tódolos equipos participantes, os colaboradores e organizadores do Concello de Arbo, e a toda a xente que fixo posible que esta actividade se realizase e fose todo un éxito.