I certame Fotográfico LXI Festa da Lamprea

Certame Fotográfico “Arbo, Vila dá  Lamprea –  LXI  Festa dá Lamprea”,  para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional no ano 2016.

O obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste  concello.

 

Durante moito tempo, as promocións nas redes sociais foron accións menores dentro dos programas de márketing dixital e de  inbound márketing. Agora as promocións e concursos en Facebook están a gañar en visibilidade e notoriedade, pois empresas e marcas de todos os tamaños están a buscar interactuar e ter unha maior conexión coas súas audiencias do mundo en liña.

 

 As imaxes que os consumidores ven en redes sociais poden ser determinantes para que baseen nelas as súas decisións á hora de elixir un destino.

 

Este concurso enmarcado dentro das actividades de promoción da Festa da Lamprea,  pretende atraer visitantes ao noso municipio e que coñezan os atractivos turísticos que ofrece, e que sexan os propios visitantes os que conten a través do seu obxectivo a súa experiencia.

 

A imaxe turística creada para a venda dun destino e difundida a través de diversos medios constitúe o primeiro lazo de unión entre os destinos e os seus potenciais turistas, o que tamén axuda ao  Concello de Arbo, a ampliar o seu arquivo de fotografía para ser usada nas redes sociais e nas campañas de promoción.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011