Tramitación

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA  PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRIPCIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO 

 

1)      Solicitude de inscrición da asociación dirixida o alcalde na que conste:

2)       

1.      Identificación do solicitante, sinatura, N.I.F  e cargo que ocupa na Asociación.

2.      Identificación da Asociación, denominación, enderezo (incluído  no seu caso o de internet)  e C.I.F. no caos de non achega-lo C.I.F, na solicitude, unha vez  obtido, remitirase unha copia  ó Rexistro de Asociacións para a súa constancia.

3.      Descrición da documentación  que xunta e petición que formula.

3)       Acta fundacional, por duplicado exemplar  na que se identifique a tódolos promotores  e se especifique o lugar e data do seu outorgamento. Na acta débense  recoller  as sinaturas orixinais  de tódolos promotores, a súa vontade de constituír  a asociación e designarse os órganos de goberno.

4)      Dous exemplares dos estatutos  asinados en tódalas follas  con sinaturas orixinais dos promotores.

5)        Documentación acreditativa da personalidade:

a)      Se os promotores son persoas físicas, deberán remitir copia do D.N.I.

b)      Se son  persoas xurídicas, certificación do acordo adoptado  polo órgano competente  no que apareza a vontade  de constituír a asociación,  e formar parte dela, así como  a designación da persoa física que a representará ( quen tamén  deberá  acredita-la  súa identidade  coa remisión da copia do D.N.I.) . as persoas xurídicas  acreditarán a súa  existencia presentando  copia compulsada da escritura  pública de constitución  ou documento  constitutivo  co xustificante da súa inscrición no correspondente rexistro.

 

6)        Copia da resolución de Inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia  

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011