Servizos Sociais

 

Son servizos dirixidos  a toda a poboación.  O seu obxectivo é informar aos cidadáns sobre os distintos recursos, prestacións e dereitos en materia de servizos sociais, así como a valorar situacións problemáticas, orientar e asesorar na búsqueda de solucións.

UBICACIÓN

Enderezo: Concello de Arbo

Praza consistorio, 1

36430 – Arbo

Correo electrónico: concellodearbo@concellodearbo.es

Teléfono: 986 665 000

TÉCNICOS/AS E SERVICIOS QUE REALIZAN:

·         Traballadora social (Mar Sousa):

Horario: de luns a xoves de 9:00 horas a 13:00 horas, e os venres só con cita previa.

Correo electrónico: servizosocialarbo@yahoo.es

 

PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO:

Ten por obxecto informar e guiar ao cidadán dos distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar a persoas e grupos afectados con problemáticas específicas,  diagnosticando a situación e derivándoa, se fose preciso, aos servizos sociais de atención especializada.

Áreas e recursos de maior interese para o cidadán:

                         Comunidade 

-          Axudas do Plan de Vivenda

-          Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico

-          Bono social eléctrico

-          Asistencia sanitaria

-          Reintegro de gastos  do Sistema de Saúde de Galicia

-          Asistencia xurídica gratuíta

-          Etc

 Dependencia

-          Valoración e recoñecemento da situación de dependencia nos supostos de emerxencia social.

-          Valoración e recoñecemento da situación de dependencia para menores de 3 anos.

-          Servizo de axuda no fogar SAAD

-          Servizo de atención diúrna e de noite para persoas en situación de dependencia

-          Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia

-          Xantar na casa

-          Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia

-          Servizo de xeolocalización para persoas en situación de dependencia

-          Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (065)

-          Centros de Día (Consorcio)

-          Centros residenciais para maiores propios da Xunta

-          Centros residenciais para maiores con prazas públicas concertadas

-          Etc….

                          Discapacidade

-          Pensión non Contributiva de Invalidez

-          Complemento de Terceira Persoa

-          Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

-          Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

-          Axudas de inclusión social (AIS)

-          Servizo de axuda no fogar

-          Recoñecemento do grao de discapacidade

-          Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia

-          Termalismo Social IMSERSO

-          Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán-2015

-          Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015

-          Tarxeta de estacionamento

-          Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia

-          Abono anticipado de deducións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade

-          Bono social eléctrico

-          Abono Social de Telefónica

-          Etc….

                          Familia e Infancia

-          Axudas de inclusión social (AIS)

-          Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

-          Título de Familia Numerosa

-          Carné familiar

-          Recoñecemento ou asimilación a categoría de descendente ao concibida/a

-          Estadías nas residencias de tempo libre

-          Punto de atención á infancia

-          Axudas do Plan de Vivenda

-          Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico …

-          Bono social eléctrico

-          Deducións no canon da auga a familias numerosas ou en risco de exclusión

-          Prestacións familiares da Seguridade Social

-          IRPF: Abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3…

-          Bonificacións no transporte interurbano para familias numerosas

-          Abono anticipado de deducións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade

-          Asistencia xurídica gratuíta

-          Etc….

                         Maiores

-          Pensión non contributiva de xubilación

-          Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

-          Centros de Día (Consorcio)

-          Ingreso en residencias para maiores con autonomía

-          Servizo de axuda no fogar

-          Termalismo Social IMSERSO

-          Programa "Ti tamén contas" 2015 - Deputación de Pontevedra

-          Programa de Saúde e Benestar 2015 - Deputación de Pontevedra

-          Programa diúrno de balnearios na provincia de Pontevedra "Coidarte 2015"

-          Coñece a túa provincia Deputación de Pontevedra

-          Benestar en balnearios 2015

-          Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

-          Xantar na casa

-          Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia

-          Bono social eléctrico

-          Abono Social de Telefónica

-          Asistencia xurídica gratuíta

-          Etc ….

SAF: SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR

É un servizo de axuda a persoas que precisan de colaboración para realizar distintas actividades da vida cotiá.

Calquera persoa ou unidade de convivencia pódese beneficiar del, sempre e cando se xustifique a súa necesidade, a partir dunha valoración técnica correspondente.

 De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

Este servizo ten dúas funcións ben diferenciadas: a realización de tarefas domésticas e o coidado e atención de persoas dependentes, co beneficio de poder permanecer nos seus fogares mentres as condicións o permitan.

Para ter acceso a este servizo é necesario  a presentación dunha solicitude (Anexo I), dirixida ao Alcalde, no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:

 

 I.    Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

 II.    Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

 III.    Certificado de convivencia.

 IV.    Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

 V.    Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso.

VI.    Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

      1.  Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2.  Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan

3.  Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

4.  Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

O número de usuarios aumenta cada ano e neste momento son atendidas 40 persoas.

XANTAR NA CASA

O programa “Xantar na Casa” é un servizo de apoio a aquelas persoas ou unidades familiares que teñen dificultades para a elaboración de comidas, levándollas ao seu propio domicilio e contribuíndo a mellora da súa alimentación diaria.

v  BECAS  – FUNDACIÓN SEGUNDO GIL DÁVILA

 

O Concello de  Arbo e a Fundación Segundo Gil Dávila convocan anualmente un  total de 10 becas para alumnos que cursen estudos universitarios.

O importe da Beca ascende actualmente  a  500,00€ e o prazo de presentación fíxase anualmente mediante  Bando municipal.       

EMERXENCIA SOCIAL

Enténdese por axudas de Emerxencia Social ao conxunto de prestacións económicas ou en especie destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos, situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia ou reforzar procesos de integración familiar e inclusión social co fin de previr situacións de exclusión social.

A finalidade destas axudas é darlles resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade, derivadas de gastos específicos de carácter básico como por exemplo: alimentación, vestiario, vivenda, uso básico da vivenda e equipamento desta, medicinas, tratamentos, aloxamento alternativo, desprazamentos de urxencia, actuacións extraordinarias no domicilio cando exista risco sanitario, enterramentos,etc... .

Para solicitala presentarase unha Instancia no Rexistro Municipal dirixida ao Alcalde

 BANCO DE ALIMENTOS

O Banco de Alimentos municipal ten por obxectivo principal recadar alimentos non perecedoiros e redistribuílos entre as persoas con menores recursos, co fin de solventar as súas necesidades básicas.

O Concello recibe  a maior parte dos alimentos do Banco de Alimentos de Vigo - Cruz Vermella, que pertence  a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), pero tamén grazas ás campañas de recollida como por exemplo a “Operación  Kilo”, “Nadal Solidario”, festivais, etc…

PAI, PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

É un servizo dirixido a cativos dende os tres meses ata os tres anos, ubicado en A Coruxa, no barrio de Barcela, con horario de 08:00 a 16:00 horas de luns a venres.

 Ten por obxecto responder ás necesidades sociais e educativas do neno/a e da súa familia mediante a atención diaria no seo dun grupo de iguais cunha proposta de actividades adecuadas a cada idade.

Nestes momentos o número de prazas está cuberto debido ao aumento de usuarios. Isto é resultado dunha mellora na calidade dos servizos, con novos materiais e mobiliario, e formación das educadoras.

SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR 

É un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.

Ten por obxecto:

·   A orientación, apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilitar a  integración do núcleo familiar na comunidade.

·   A mediación e acompañamento ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello.

·   A realización de actividades de grupo coas familias tratando temas como: promoción de hábitos saudables, habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familia, educación en igualdade, organización e economía familiar, búsqueda de emprego, coordinación con outros servizos e organismos,…

Vai dirixido a todas as familias, centros educativos, outros servizos comunitarios,…

PROGRAMA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO SOCIAL

É un programa que potencia as intervencións profesionais realizadas no municipio a partir da acción voluntaria, altruísta e responsable da xente, podendo chegar así a elementos da situación social que de outro modo sería imposible detectar polos diferentes profesionais.

Ten por obxectivo sensibilizar e motivar a persoas ou grupos do municipio cara a participación no voluntariado, recoller propostas dos voluntarios para xerar novas áreas de actuación e difundir publicamente as accións voluntarias para que a sociedade coñeza e valore a súa labor.

As áreas onde se levan a cabo estes servizos de voluntariado son as seguintes: protección civil, medio ambiente, formación, cultura e ocio, educación, saúde, atención aos maiores, infancia, mulleres, persoas con discapacidade ou colectivos en risco social.

Os destinatarios deste programa son persoas maiores de dezaseis anos de idade. Cada voluntario decidirá o tempo que quere participar e poderá escoller a área que mais lle interese.

SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA

É un servizo municipal de asesoramento psicolóxico individual e familiar, tanto para adultos como para menores que o precisen, sendo previamente derivados dende os servizos sociais .A responsable do servizo é unha psicóloga colexiada, membro dun gabinete, contratada polo Concello.

 Ten por obxecto a avaliación, tratamento e asesoramento de situacións de emerxencia social ou necesidades sociais relacionadas co benestar psicolóxico, emocional e relacional das persoas.

Dentro deste servizo atópase o programa de prevención de drogodependencias.

OUTROS SERVIZO

  RECOLLIDA DE ROUPA E XOGUETES PARA USUARIOS DOS SERVIZOS SOCIAIS DURANTE TODO O ANO.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011