Tramitación
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRIPCIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO
1) Solicitude de inscrición da asociación dirixida o alcalde na que conste:
2)
1. Identificación do solicitante, sinatura, N.I.F e cargo que ocupa na Asociación.
2. Identificación da Asociación, denominación, enderezo (incluído no seu caso o de internet) e C.I.F. no caos de non achega-lo C.I.F, na solicitude, unha vez obtido, remitirase unha copia ó Rexistro de Asociacións para a súa constancia.
3. Descrición da documentación que xunta e petición que formula.
3) Acta fundacional, por duplicado exemplar na que se identifique a tódolos promotores e se especifique o lugar e data do seu outorgamento. Na acta débense recoller as sinaturas orixinais de tódolos promotores, a súa vontade de constituír a asociación e designarse os órganos de goberno.
4) Dous exemplares dos estatutos asinados en tódalas follas con sinaturas orixinais dos promotores.
5) Documentación acreditativa da personalidade:
a) Se os promotores son persoas físicas, deberán remitir copia do D.N.I.
b) Se son persoas xurídicas, certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación, e formar parte dela, así como a designación da persoa física que a representará ( quen tamén deberá acredita-la súa identidade coa remisión da copia do D.N.I.) . as persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada da escritura pública de constitución ou documento constitutivo co xustificante da súa inscrición no correspondente rexistro.
6) Copia da resolución de Inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
Arquivos
- Descargar: solicitude concello.doc - 81,50 Kb.
- Descargar: Informacion_Inscricion_Asociacion[1].doc - 52,00 Kb.
- Descargar: Doc_Guia_Redaccion_Estatutos[1].doc - 61,00 Kb.
- Descargar: Doc_Guia_Adaptacion_Estatutos[1].doc - 56,50 Kb.
- Descargar: generarPlantillaPDF.pdf - 201,63 Kb.
- Descargar: Mod_II_Certificado_Acta_Asemblea_Extraordinaria[1].doc - 31,00 Kb.
- Descargar: Mod_II_Acta_Fundacional[1].doc - 32,00 Kb.
- Descargar: Doc_Guia_Redaccion_Estatutos[1].doc - 61,00 Kb.
- Descargar: Doc_Guia_Adaptacion_Estatutos[1].doc - 56,50 Kb.