II Marcha BTT da Lamprea

 

 

O Vindeiro día 17 de abril de 2016, unha semana antes da Festa da Lamprea, o concello de Arbo organiza a II Marcha BTT da Lamprea, esta Actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do noso Concello . A Saida terá lugar ás 9.30 dende o pavillón de deportes do Concello de Arbo É unha ruta de dificultade física e técnica media – alta e cun percorrido de 35 aproximadamente. A recollida de dorsais será as 9:oo. Avituallamento sólido e liquido na metade do recorrido, duchas e lavado de bicis, o remate da proba un agasallo para tódolos participantes e a degustación de balde dos produtos típicos da nosa Vila.

O Prezo por participar e de 5 euros, que inclúe seguro a  INGRESAR NO Nº DE CONTA ES12 2080.5011.82.3040006781

O peche de inscrición remata o 15 de abril.

As inscricion poderán enviarse o correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou presentarse nas oficinas muncipais do concello de Arbo en horario de atención o público.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011