Manuel Xiraldez
Manuel Xiráldez é nativo de Arbo e actualmente exerce de profesor no IES de Ames, en terras de Compostela.
Presidiu a Asociación Cultural Barca de Loimil na súa vila de nacemento entre os anos 1989 e 1997. Ademais de diferentes traballos centrados na cultura galega e miñota, publicou os libros Arbo, vila da lamprea, Segundo Gil Dávila e o seu labor benéfico-docente e A historia do fútbol en Arbo. Nas últimas décadas tense dedicado a investigar sobre as orixes e o devir de Arbo en relación cos froitos da terra e do río, pero sobre todo contribuíu á divulgación da vida da raíña lamprea a partir do universo prodixioso da raia galego-portuguesa.