Gala da Lamprea
Arbo rende homenaxe aos seus veciños na Gala da Lamprea
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, entregoulle a máxima distinción do Concello á Fundación Segundo Gil Dávila.
Tamén foron entregados os premios dos concursos de carteis para a Festa da Lamprea e do certame "Brais Alonso" para a Festa da Lamprea Seca.
O Bruxo Queimán e Andrea Pousa, nominados a tres premios no World Fest de Houston, e os pianistas Andrea González e Daniel Pereira amenizaron a Gala coas súas actuacións.
ARBO, 28 DE ABRIL DE 2017.- O Concello de Arbo celebrou este venres a Gala da Lamprea para premiar aos veciños eminentes no Auditorio municipal. A cerimonia contou co concerto dos pianistas Andrea González e Daniel Pereira, xunto cos nominados a tres premios no World Fest de Houston, o Bruxo Queimán e Andrea Pousa, que representaron unha orixinal performance mesturando música e interpretación.
Son moitos os veciños de Arbo que destacan nas súas labores artísticas e profesionais. Cada ano, o Concello rende homenaxe a uns poucos para premiar o seu esforzo, tesón e xenerosidade. Dende os máis pequenos cos concursos de debuxo e reacción, ata os máis maiores coa distinción de Arbense Distinguido.
Nesta ocasión, o alcalde, Horacio Gil, entregoulle a máxima distinción do municipio á Fundación Segundo Gil Dávila, pola súa importante labor desenvolvida no mecenazgo e constante implicación na vida cultural, artística e formativa dos veciños de Arbo. A Fundación foi constituida no ano 1956, sendo recoñecida e clasificada como Benefico-Docente por O.M de 1 de maio. Esta fundación dende a súa consitución, atópase moi vinculada ao Concello de arbo, levando a Biblioteca municipal o seu nome e convocándose todos os anos as becas de Estudios Fundación Segundo Gil Davila co fin de axudar economicamente aos alumnos de Arbo que cursan estudos universitarios. Do mesmo xeito a Fundación Consitubue co financiamento da Banda de Musica de Arbo a traves dunha achega anual, no mantemento da Biblioteca e Edicio Centro Multiusos de Arbo ( no ano 2016 achegou 6000 euros para mantemento da Biblioteca e 5.900 para o Edificio Multiusos)
OUTROS PREMIOS
O Concello de Arbo entregou tamén os premios dos concursos de carteis da Festa da Lamprea e do certame "Brais Alonso" da Festa da Lamprea Seca, que celebrará este ano a súa XXII edición, o vindeiro 13 de agosto.
15 foron as propostas presentadas para o Concurso de Carteis da Festa da Lamprea e 18 as propostas que chegaron para o IV Certame Brais Alonso, de distintas partes da xeografia española, como Valencia, Madrid, Murcia… Os debuxos evaluados por un xurado composto por membros de distintos sectores do noso concello, non o tiveron fácil dado que os bocetos, todos eles co tema principal a Lamprea, presentaban unha enorme destreza, así como habilidades diferentes, un talento, unha creatividade e un coñecemento absoluto sobre a nosa Vila e a Raiña Lamprea.
Os alumnos de primaria do Colexio Público "Antonio Carpintero" foron parte principal da celebración, recibindo os premios ao mellor debuxo e á mellor redacción coa temática da Festa.