Fundación Segundo Gil Davila

A Fundación Segundo  Gil Dávila foi constituída o 14 de maio de 1956 mediante escritura pública, sendo recoñecida e clasificada como Benéfico-Docente por O.M. de 1 d emaio de 1958 (BOE do 2 de xuño).Entres os fines da Fundación, atópanse dotar as seguintes becas de estudo:

ü  Grupo A) 4 Becas para estudos no Seminario de Tui-Vigo.  1 Beca para ampliación de estudios dun Titulado Superior do Seminario de Tui-Vigo

ü  Grupo B) 6 Becas para ampliación de estudos dun Licenciado en Ciencias Químicas

ü  Grupo C) 1 Beca para ampliación de estudios dun  Licenciado/Graduado en Ciencias Políticas e/ou Económicas e/ou Empresariais.

ü  Grupo D) 2 Becas para ampliación de estudos dun Titulado dos Conservatorios Superiores de Música de Madrid ou dos establecidos en Galicia. No seu defecto aceptaríase becar a estudantes no Conservatorio de Música de Madrid.

ü  2 Becas para ampliación de estudos superiores para agregar ao grupo máis adecuado de entre os anteriores, a xuízo do Patronato, en función do número e calidade dos solicitantes.

 

O Patronato actualmente atópase integrado por:

Ø  Mgfco. E Excmo. Sr. Rector da Universidade de Santiago de Compostela: Juan Viaño Rey

Ø  Ilmo. E Rvdmo. Sr. Obispo de Tui-Vigo: Luis Quinteiro Fiuza.

Ø  Vogal administrador: Antonio Vieitez Dávila.

Ø  Vogal secretario: Gonzalo Vázquez Uña

Ø  Vogal: Gonzalo J. Vázquez Súarez.

 

Esta Fundación, dende a súa constitución, atópase moi vinculada ao Concello de Arbo, tendo o seu domicilio social na rúa Antonia Tovar, deste Municipio,  levando a nosa Biblioteca Municipal o seu nome, e convocándose todos os anos as becas de estudos “Fundación Segundo Gil Dávila” co fin de axudar economicamente a sufragar os gastos dos/as alumnos/as que van cursar ou cursan estudos universitarios, así como fomentar a formación académica dos cidadáns deste Municipio, e que constitúen un total de 10 becas cuxo importe ascende a 500,00 euros por alumno/a e por curso escolar.

Do mesmo xeito, esta Fundación contribúe ao mantemento e funcionamento da Banda de Música de Arbo a través dunha axuda que anualmente supón o importe de 4.800,00 €, así como ao mantemento da Biblioteca Pública Municipal, realizándose o ano pasado obras por importe de 6.000,00 € na mesma, así como no Centro Multiusos por importe de 5.903,59 €, grazas a achega realizada por esta Institución.

Por todo o exposto,  procedeuse á felicitación e recoñecemento polo Pleno Municipal da importante labor desenvolvida polo Patronato da Fundación Segundo Gil Dávila, procedendo a atribuírlle  a distinción de “Arbense Distinguido”. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011